jueves, 21 de abril de 2016

A filosofia da educacion.

A filosofía da educación é unha disciplina relativamente moderna que estuda o fenómeno educativo e as teorías sobre o mesmo desde unha perspectiva racional, co desexo de ofrecer unha explicación ultimativa sobre a educación humana.

Aínda que se trata de algo recente, pódense atopar elementos e anticipacións de filosofía da educación no mundo antigo, en autores como Platón, Aristóteles, Agustín e Tomás. No mundo moderno teñen importancia unha serie de estudiosos que preparan o nacemento da pedagoxía, como Luís Vives, e de novas teorías educativas, como Rousseau, Herbart, Dewey, Piaget, Maritain, e outros autores.

Delimitación e definicións
"Filosofía da educación é o coñecemento contemplativo, sistemático, universal e último da educación, é dicir, dos procesos de instrución, personalización, socialización e moralización".

Relaciónase con diversas disciplinas, especialmente con aquelas que son estudadas baixo o nome de ciencias da educación: a pedagoxía, a psicoloxía, a didáctica, a sociología, a antropoloxía, a ética.

Orixes e precursores
A filosofía da educación ten a súa orixe remota no mundo antigo, sobre todo en autores como Platón e Aristóteles, que falaron continuamente da educación humana e do modo ideal no que debería ser formado o neno para entrar a formar parte da vida social. Tamén o mundo cristián e medieval conta con autores como Clemente de Alexandría, san Agustín ou santo Tomás, que abordaron as temáticas educativas desde ideas filosóficas e teolóxicas.

A partir do Renacemento e nos inicio da Idade moderna produciuse un amplo desenvolvemento de teorías educativas. Luís Vives, Erasmo de Róterdan, Comenio, Jean-Jacques Rousseau, John Locke, Immanuel Kant, Fröbel, e outros autores, ofreceron diversas reflexións sobre a educación do home e sobre o camiño que o levaría ao seu perfeccionamento como individuo e como membro da sociedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario